SERVIZO DE TÁPER
O servizo de táper xorde para prestar un servizo por parte do Colexio aos rapaces de Secundaria, que os luns pola tarde teñen que volver ao colexio para completar a súa xornada lectiva. Os alumnos poderán traer a súa comida da casa na tradicional friameira /táper, quentala nun microondas e comer no centro. O servizo estará atendido por persoal do colexio e é gratuíto.
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
NON É SÓ DECORACIÓN.
Hai uns días o patio cuberto estreou decoración. Pero, que son eses circuliños que están no teito? Pois son paneis acústicos absorbentes que reducen a reverberación nun 40%. Desta forma xa podemos correr, xogar e berrar sen molestarnos uns aos outros. Grazas á marca Isinac por darnos esta solución!
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
SAMAIN E HALLOWEEN
Ao longo da semana do 24 ao 28 de outubro todos os alumn@s e profesor@s do centro celebramos o Samaín e Halloween. Os primeiros días fóronse decorando as portas e paredes do centro con motivos feitos polos rapaces e profesores: morcegos, pantasmas, cabazas, bruxas,… unha decoración terrorífica! Ademais celebrouse un gran concurso de cabazas decoradas con motivos máxicos, fantásticos e aterradores, proposta que tivo unha gran acollida. Por outra banda, o venres, os cursos de infantil..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
MAGOSTO
O outono é epoca de follas secas e de castañas. O mércores pasado todo o colexio cambiamos as aulas polo aire libre, e o motivo non foi outro que celebrar o tradicional magosto. Todos os nenos e nenas do centro, dende a Educación Infantil ata os rapaces e rapazas de Secundaria, disfrutamos dun día de convivencia. A media mañá saímos camiñando ata o monte Trega onde -ademais de degustar as tradicionais castañas, chourizos e algún que outro postre- xogamos, bailamos, pintamos a ca..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
ADVENTO NO COLE
Atopámonos no Portal. Xesús é a Luz Axiña celebraremos o Nadal. Mentres non chegan eses días tan esperados, preparámonos para facelo do mellor xeito posible. Na oración destes días coñeceremos o sentido do Advento e as novidades na liturxia durante este tempo (a coroa, as catro velas, a cor morada …). Tamén buscaremos que cousas temos que mellorar en nós mesmos e na nosa relación cos demais. A figura de María como exemplo de esperanza e confianza na chegada de Xesús. Levaremos ..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio,Pastoral
FESTIVAL DE NADAL
Un ano máis, os nosos alumnos e alumnas fixeron disfrutar as súas familias co festival de Nadal. Actuacións tan tenras como as da Ludoteca ou Infantil, plurilingües como a de 1º e 2º, rockeiras como a de 3º e 4º, ou autenticamente navideñas como a de 5º e 6º, resultaron divertidas e entrañables. A música das guitarras acompañounos a medio camiño, e a ESO trouxo o humor, cos seus gags parodiando a actualidade ou os programas da televisión. Para rematar, o vídeo coas f..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
CELEBRAMOS A PAZ
Como vén sendo habitual, este luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. Nesta data recordamos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto polos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Previamente, durante a semana anterior traballaramos nas clases qué era para nós a Paz. Cada curso chegou a unha conclusión que plasmou nun globo de cartolina. A CELEBRACIÓN. Durante a celebración, todos os cursos reuníronse no ximnasio do colexio. Os ..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
CONEXIÓN ANTÁRTICA
A pasada semana disfrutamos da inmensa sorte de conectar directamente coa Antártida! Si, 15.000km de distancia non foron problema para facer unha videoconferencia na que aprendimos multitude de cousas. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de falar con 2 militares da Base Antártica Española do Exército de Terra «Gabriel de Castilla», situada na Illa Decepción, onde o Exército Español proporciona o apoio loxístico necesario para os 15 proxectos de investigación científica ..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
SEMANA DE ROSALÍA
O próximo día 24 de febreiro festéxase en toda Galicia o Día de Rosalía de Castro, como homenaxe á autora que mellor conseguiu plasmar a nosa esencia como pobo e que hoxe en día é un símbolo da nosa lingua e da nosa cultura. No noso centro quixemos sumarnos a este recoñecemento, e por iso levamos a cabo as seguintes actividades: -Coa colaboración de alumnos e alumnas de Segundo, Terceiro e Cuarto de ESO, elaboramos un cartel sobre a figura de Rosalía, que será..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio