-
Fundamentamos a nosa práctica pedagógica naquela iniciada pola nosa fundadora Xoaquina de Vedruna; quén, cun estilo propio , facía xirar a aprendizaxe ao redor dun eixo fundamental: a valoración da persoa e das relacións cos demais baseándose na “pedagoxía do amor”.
-
Os nosos alumnos aprenden dun xeito significativo se somos capaces de crear un clima próximo e alegre e se conseguimos que a aprendizaxe sexa unha experiencia motivadora e cercana aos seus intereses.
-
A nosa acción educativa precisa duns educadores motivados que leven a cabo un proxecto educativo de calidade, que entusiasme e comprometa:
- - Traballando como mediador de respostas positivas para / cos seus alumnos.
-
- Sendo unha persoa afable, próxima, serena, sinxela, alegre, acolledora, aberta e, á vez, firme e de conviccións profundas abertas á transcendencia.
-
- Manténdose en formación permanente. Estando aberto á innovación e sendo responsable no exercicio dunha profesionalidade cualificada, actualizándose nos valores e no estilo educativo que propón o noso Centro, cumprindo a normativa vixente no desenvolvemento do seu traballo.