Un centro plurilingüe é aquel no que se imparten áreas ou materias non lingüísticas nunha lingua estranxeira, nun máximo dun terzo do horario lectivo, conforme ao que se cita no Decreto 79/2010 do 20 de maio.
O Colexio Plurilingüe San José, HH.Carmelitas, pretende que as linguas estranxeiras, neste caso o inglés, non sexan só obxecto de estudo, senón vehículo de ensino desas áreas, facendo que os nosos alumnos melloren a súa competencia lingüística.
Neste sentido xa a partir do curso 2016/17 traballarase nas áreas de Educación Artística e Educación Física, empregando a lingua inglesa como vehicular. Esta implantación será completa na etapa primaria.
Cremos firmemente que os nosos alumnos deben acadar a competencia máis axeitada tanto nas linguas cooficiais da nosa Comunidade Autónoma, como nos idiomas da Comunidade Europea (inglés, francés).O noso obxectivo é que os nosos alumnos se recoñezan e desenvolvan como cidadáns europeos que son.