MAGOSTO
O outono é epoca de follas secas e de castañas. O mércores pasado todo o colexio cambiamos as aulas polo aire libre, e o motivo non foi outro que celebrar o tradicional magosto. Todos os nenos e nenas do centro, dende a Educación Infantil ata os rapaces e rapazas de Secundaria, disfrutamos dun día de convivencia. A media mañá saímos camiñando ata o monte Trega onde -ademais de degustar as tradicionais castañas, chourizos e algún que outro postre- xogamos, bailamos, pintamos a cara e gozamos dun día diferente. Dende o centro queremos agradecer a súa axuda a todos os pais e nais que nos acompañaron, GRAZAS!
Máis fotos en: https://carmelitasaguarda.com/magosto-2/