SAMAIN E HALLOWEEN

sam-hall-web

Ao longo da semana do 24 ao 28 de outubro todos os alumn@s e profesor@s do centro celebramos o Samaín e Halloween.

Os primeiros días fóronse decorando as portas e paredes do centro con motivos feitos polos rapaces e profesores: morcegos, pantasmas, cabazas, bruxas,… unha decoración terrorífica! Ademais celebrouse un gran concurso de cabazas decoradas con motivos máxicos, fantásticos e aterradores, proposta que tivo unha gran acollida.

Por outra banda, o venres, os cursos de infantil tiveron un espectáculo de sombras chinesas que desfrutaron monstruosamente. E para rematar a xornada entregáronse os premios aos gañadores do concurso de cabazas e todos participamos nun baile onde os esqueletos cobraron vida.

Máis fotos na galería  https://carmelitasaguarda.com/cs_gallery/samain-halloween/

ganadores-web

s-h-todos-web

Blog Attachment

Déixanos un comentario