CONEXIÓN ANTÁRTICA

antartida-3

A pasada semana disfrutamos da inmensa sorte  de conectar directamente coa Antártida! Si, 15.000km de distancia non foron problema para facer unha videoconferencia na que aprendimos  multitude de  cousas. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de falar con 2 militares da Base Antártica Española do Exército de Terra «Gabriel de Castilla», situada na Illa Decepción, onde o  Exército Español proporciona  o  apoio loxístico necesario para os 15 proxectos de investigación científica que se desenvolven alí  durante o verán austral.

antartida-1

 Estas son algunas das conclusións que sacamos de todas as preguntas que lles fixemos:

  • Na base conviven 35 persoas entre militares e científicos, a temperatura era de 2 graos pero a sensación térmica de -12.
  • Non todo estaba nevado, posto que estaban en verano, pero a paisaxe aínda así, era espectacular.
  • Algúns residuos xerados na campaña son incinerados in situ e o resto son embarcados no buque “Sarmiento de Gamboa” para levar a Chile ou Arxentina.
  • Na actualidade hai 50 000 parellas de pingüíns,  con unha ou dúas crías cada unha.
  • O tempo libre dos militares e ciéntificos  emprégano en falar e xogar as cartas. Nestes  dous meses aínda non  viron ningunha película.

Damos as grazas ao Exército de Terra por poder achegarnos a este continente tan peculiar  e esperamos poder conectar noutra ocasión para facer a visita aos exteriores da base.

antartida-2

Blog Attachment

Déixanos un comentario