CELEBRAMOS A PAZ

Como vén sendo habitual, este luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. Nesta data recordamos a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto polos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Previamente, durante a semana anterior traballaramos nas clases qué era para nós a Paz. Cada curso chegou a unha conclusión que plasmou nun globo de cartolina.

paz-2

A CELEBRACIÓN.

Durante a celebración, todos os cursos  reuníronse no ximnasio do colexio.

Os nenos de infantil e primaria comezaron cantando a canción”Solo pido paz” levando nas súas mans uns corazóns que prepararon nas clases.

A continuación leuse una introdución sobre o Día da Paz . Seguidamente, nenos e nenas de cada curso saíron en orde para ler os globos coas definicións da Paz. Ao rematar, os globos pousáronse no chan do ximnasio.

Unha das alumnas de 4º da ESO leu un manifesto pola Paz co título”Soñamos” e representantes de todos os cursos recitaron a poesía “Paz para todos”.

Como despedida do acto, todos cantamos xuntos”Celebra la vida” de Axel.

Os globos coas frases de cada curso foron expostos nunha das paredes principais do colexio e están a vosa disposición por si queredes entrar a velos.

paz-1

 

Podedes ver máis fotos no enlace: https://carmelitasaguarda.com/cs_gallery/dia-da-paz/

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario