VISITA TERRAS GAUDA
O pasado xoves 22 de setembro, os alumnos e alumnas de Terceiro e Cuarto de ESO, xunto cos nosos titores, visitamos as Bodegas Terras Gauda, no Rosal, inmersas eses días de cheo na vendima. No exterior puidemos ver as plantacións de uva e faláronnos das principais variedades que se empregan na elaboración dos seus viños: albariño, loureiro e caíño branco. Xa no interior, vimos as salas onde se procesa a uva, as barricas, o laboratorio e explicáronnos o funcionamento da planta embotell..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
THE BLIND SIDE
A semana pasada os alumnos de Secundaria do colexio, celebramos a inauguración do curso coa proxección no salón da película “Un sueño posible” . Posteriormente, e xa cada un na súa clase e co seu titor, levamos a cabo un coloquio no que traballamos os valores que reflexaba o filme e que están moi relacionados co obxectivo deste curso: RESPONSABILIDADE, RESPECTO, AFÁN DE SUPERACIÓN E CONCIENCIA SOCIAL. Esta reflexión dános forza para comezar con ganas este novo ano e..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Pastoral
A TITORÍA EN 2º ESO.
Comezamos este curso motivados e con moitas ganas de facer as cousas ben.Para iso, decidimos empezar por plasmar unhas normas coas que sentirnos cómodos na aula.Entre todos tivemos moitas ideas. Cando decidimos poñelas en común, xuntamos as que eran iguais ou semellantes e démoslle voltas ata chegar a un consenso.Ó final decidímonos por dez que serán de obrigado cumprimento.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
SOMOS SOLIDARIOS
A pasada semana os rapaces de 1º de ESO colaboraron coa Asociación local San Vicente de Paúl descargando alimentos procedentes de Vigo e que posteriormente serán repartidos entre os máis necesitados. Actividades como esta, son un exemplo das accións de voluntariado que o Departamento de Pastoral promove no centro dende o curso pasado. Damos as GRAZAS a Asociación San Vicente de Paúl por contar con nós para poder axudar.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Pastoral
O XORNAL EN 3º ESO
Os alumnos e alumnas de 3º ESO na área de Xeografía e Historia imos traballar co xornal na aula. Os mércores recibimos o xornal de «La Voz de Galicia» na nosa aula e empregarémolo como elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe. Imos ler o suplemento de «La Voz de la Escuela» onde buscaremos as noticias máis relevantes relacionadas coa Xeografía e Historia no ámbito da sociedade e cultura para conseguir desenvolver o seu sentido crítico.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
SEMANA DA CIENCIA
Os alumnos da ESO participaron en dúas videoconferencias co motivo da Semana da Ciencia. A primeira foi grazas á campaña ‘O monte é a nosa vida’, desenvolvida por Confemadera e retransmitida dende o Centro de Supercomputación de Galicia – CESGA. En dita charla sensibilizáronnos da importancia de coidar o noso contorno, en concreto dos montes de Galicia e dos posibles usos que lles podemos dar. A segunda titulouse «As matemáticas», e tivo un enfoque totalmente lúdic..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
Thanksgiving day
As a multilingual school, we are concerned about the English language but also the English – speaking culture. And keeping this in mind, the students of 3º ESO decided that they wanted to know more about Thanksgiving Day in the U.S. They had a lot of questions, such as: where does this celebration come from? when was it celebrated for the first time? How is it celebrated nowadays? To answer all these questions, they went to the computer room and worked in pairs in ord..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Sección Bilingüe
FOTOGRAFÍA SOCIAL
O xoves día 24 de novembro, un grupo de alumnos de 3º y 4º da ESO participou no obradoiro de fotografía organizado polo concello de A Guarda e impartido por Felipe Carnotto, fotoperiodista que ten realizado, entre outras, diversas reportaxes de fotografía social na ruta dos Balcáns, para os refuxiados sirios e afgáns e tamén reportaxes en Nicaragua. O obradoiro, ademais de dar unha formación sobre a fotografía ( historia e evolución, cámaras e os seus tipos, aspectos..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
SAÚDE NA ESCOLA
Os alumnos de 1º de ESO están a participar nun programa titulado “EDUCACION PARA A SAÚDE NA ESCOLA” “PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS NA ESCOLA “ promovido pola Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO, e que ten unha duración de catro semanas. A través del adquiren habilidades para a prevención e a resolución pacífica de conflitos, traballan a autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal e tratan temas relacionados co alcohol, tabaco e outras drogas, se..
- Publicado por admin
- POSTO EN Dep. Orientación,Ed. Secundaria
DESEÑO 3D:FREECAD
Nas últimas semanas, o alumnado de segundo e terceiro de ESO tivo oportunidade , en Tecnoloxía , de coñecer o programa de deseño 3D, asistido por ordenador, FreeCAD. O obxectivo é mostrar o funcionamento deste tipo de programas orientados á fabricación industrial. Deste xeito, propúxoselles realizar figuras sinxelas, e os alumnos decatáronse das grandes cousas que se poden conseguir una vez coñeces o programa.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria