FOTOGRAFÍA SOCIAL
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
O xoves día 24 de novembro, un grupo de alumnos de 3º y 4º da ESO participou no obradoiro de fotografía organizado polo concello de A Guarda e impartido por Felipe Carnotto, fotoperiodista que ten realizado, entre outras, diversas reportaxes de fotografía social na ruta dos Balcáns, para os refuxiados sirios e afgáns e tamén reportaxes en Nicaragua.
O obradoiro, ademais de dar unha formación sobre a fotografía ( historia e evolución, cámaras e os seus tipos, aspectos básicos para realizar traballos fotográficos etc.), deunos a coñecer a fotografía como:
- Recurso moi importante como modo de comunicación de acontecementos.
- Recurso de expresión plástica.
- Recurso de concienciación e movilización social ante situacións de inxustiza, indefensión, desigualdade e penuria.
As dúas horas de duración fixéronse curtas polo interesante do tema e, a pesar da chuvia, mereceu a pena.