SEMANA DA CIENCIA

s-ciencia-2-web

Os alumnos da ESO participaron en dúas videoconferencias co motivo da Semana da Ciencia.

A primeira foi grazas á campaña ‘O monte é a nosa vida’, desenvolvida por Confemadera  e retransmitida dende o Centro de Supercomputación de Galicia – CESGA. En dita charla sensibilizáronnos da importancia de coidar o noso contorno, en concreto dos montes de Galicia  e dos posibles usos que lles podemos dar.

s-ciencia-1-web

A segunda titulouse «As matemáticas»,  e tivo un enfoque totalmente lúdico. Por un lado, achegáronnos algúns datos da historia das matemáticas e a súa evolución, e por outro, presentáronnos a  relación dos números coa  vida cotiá. Descubrimos os vínculos desta ciencia coa  percepción da beleza, a base dos xogos de azar, a súa importancia na procura do amor ou a imposibilidade de dobrar infinitamente un papel. Con esta charla conseguiron  espertar en nós a curiosidade polas matemáticas, mostrando a súa cara máis descoñecida.

s-ciencia-web

Blog Attachment

Déixanos un comentario