SAÚDE NA ESCOLA

charlas-1o-web

Os alumnos de 1º de ESO están a participar nun programa titulado “EDUCACION PARA A SAÚDE NA ESCOLA” “PREVENCIÓN DO CONSUMO DE  DROGAS NA ESCOLA “ promovido pola  Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO, e que ten unha duración de catro semanas.

 A través del adquiren  habilidades para a prevención e a resolución pacífica de conflitos, traballan  a autoestima, autonomía, responsabilidade e independencia persoal e tratan  temas relacionados co alcohol, tabaco e outras drogas,  sen esquecer a importancia das redes sociais.

Estas sesións están a resultar moi interesantes e  esperamos que lles axuden a ter unha boa saúde integral, tanto  no presente  coma no futuro.

Blog Attachment

Déixanos un comentario