SANTA XOAQUINA 2023

Esta semana celebramos as festas de Santa Xoaquina, a nosa fundadora. Para iso, realizamos diferentes tipos de actividades. Comezamos cunha andaina solidaria, na que se realizou unha recollida de alimentos non perecedoiros a beneficio de S. Vicente de Paul.

Post Instagram – ANDAINA SOLIDARIA

Ao final desa xornada, as familias participaron nun concurso de tortillas e biscoitos; e desfrutaron dunha deliciosa merenda organizada pola ANPA do colexio para repoñer forzas. Que manxar!

O venres pola mañá, como tódolos anos e como fin principal desta festa, celebramos a Eucaristía, convidando a toda a Comunidade Educativa.

Post Instagram – EUCARISTÍA SANTA XOAQUINA

De seguido, para endulzar os nosos paladares, @s alumn@s tomaron un pequeno almorzo que consistía nun riquísimo chocolate con churros. Por último, finalizamos a mañá cuns xogos divertidísimos organizados polos últimos cursos de Educación Secundaria para o resto de alumnado do colexio.

Post Instagram – XORNADA DE XOGOS

Como broche final a estas festas, o venres pola tarde celebramos o festival no que desfrutamos das actuacións dos nos@s compañeir@s e de outras entidades colaboradoras. Ademais, houbo un sorteo con premios espectaculares.

Reel Instagram – FESTA SANTA XOAQUINA

Que ben o pasamos!!

E que momentos de convivencia máis bonitos!!

Blog Attachment

Déixanos un comentario