THE BLIND SIDE
A semana pasada os alumnos de Secundaria do colexio, celebramos a inauguración do curso coa proxección no salón da película “Un sueño posible” . Posteriormente, e xa cada un na súa clase e co seu titor, levamos a cabo un coloquio no que traballamos os valores que reflexaba o filme e que están moi relacionados co obxectivo deste curso: RESPONSABILIDADE, RESPECTO, AFÁN DE SUPERACIÓN E CONCIENCIA SOCIAL. Esta reflexión dános forza para comezar con ganas este novo ano e..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Pastoral
DE NOVO XUNTOS
Como cada ano, quixemos celebrar a ledicia de volver a atoparnos despois das vacacións e fixémolo como máis nos gusta: facendo unha festa todos xuntos. Os nosos profesores presentáronnos o obxectivo que imos traballar este curso dunha forma lúdica e divertida. Cada un dos cursos de primaria fixemos un traballo nas clases que despois lle presentamos aos nosos compañeiros. Todos xuntos descubrimos que comunicarse é unha arte da que aínda nos quedan moitas cousas por descubrir. ¡¡Bo inici..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria,Pastoral
DAMOS COR AO MUNDO
TODOS SOMOS IMPORTANTES Nestes días os nenos de Educación Infantil festexamos a inauguración do curso. Coñecemos os novos compañeiros que comezaron por primeira vez no noso colexio. Escoitando unha historia sobre as cores, achamos que todos somos importantes, que falar sobre os problemas axúdanos a atopar solucións e que, entre todos, dámoslle cor o mundo que nos rodea. De estar interesados, podedes visitar o noso Blog de Educación Infantil. (http://infantilsanjoseaguarda.blogspot.com.e..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil,Pastoral
SAL DA TÚA TERRA
CAMPAÑA DOMUND Como cada ano, o penúltimo domingo do mes de outubro conmemoramos o día do DOMUND, este ano co lema «Sal da túa terra». Os nenos do noso colexio participamos nesta campaña de solidariedade, e cos donativos que recaudamos contribuimos a que os misioneiros e misioneiras poidan realizar mellor o seu labor de axuda aos máis desfavorecidos. Recomendámosvos que vexades o seguinte video para comprender mellor o traballo de estas persoas: https://www.youtube.com/watch?v=Xureg..
- Publicado por admin
- POSTO EN Pastoral
SOMOS SOLIDARIOS
A pasada semana os rapaces de 1º de ESO colaboraron coa Asociación local San Vicente de Paúl descargando alimentos procedentes de Vigo e que posteriormente serán repartidos entre os máis necesitados. Actividades como esta, son un exemplo das accións de voluntariado que o Departamento de Pastoral promove no centro dende o curso pasado. Damos as GRAZAS a Asociación San Vicente de Paúl por contar con nós para poder axudar.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Pastoral
ADVENTO NO COLE
Atopámonos no Portal. Xesús é a Luz Axiña celebraremos o Nadal. Mentres non chegan eses días tan esperados, preparámonos para facelo do mellor xeito posible. Na oración destes días coñeceremos o sentido do Advento e as novidades na liturxia durante este tempo (a coroa, as catro velas, a cor morada …). Tamén buscaremos que cousas temos que mellorar en nós mesmos e na nosa relación cos demais. A figura de María como exemplo de esperanza e confianza na chegada de Xesús. Levaremos ..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio,Pastoral
PENSANDO NELES
Como cada ano, no mes de febreiro, celebramos o día do bocata solidario. Os alumnos dende 3º primaria ata 4º E.S.O e os profesores quedámonos a xantar no colexio, despois das clases da mañán. Ao mesmo tempo fixemos unha aportación económica para recadar fondos e colaborar con Manos Unidas na loita contra a mortalidade infantil e a desnutrición no mundo. Con este xesto queremos solidarizarnos coas persoas que pasan fame e contribuir a conseguir un mundo mais xusto . Despois do xantar hou..
- Publicado por admin
- POSTO EN Pastoral
XOAQUINA HOXE
Esta semana viviremos uns días moi especiais, pois recordamos que hai 191 años que Xoaquina, fundadora dos nosos colexios, iniciou en Vic (Barcelona) o seu traballo cun grupo de mozas que creron e se entusiasmaron co seu proxecto. Para nós é un motivo de alegría que súas ensinanzas e o seu legado sigan vivos no día a día de cada un dos colexios, hospitais, casas de acollida … repartidos por catro continentes. Para ela non foi unha tarefa en absoluto sinxela, pero non desistiu no ..
- Publicado por admin
- POSTO EN Pastoral
SANTA JOAQUINA
Como cada ano por estas datas, a Comunidade Educativa celebramos as festas de Santa Xoaquina e lembramos á nosa fundadora cunha Eucaristía na que participamos todos: os alumnos do colexio, familias, irmás da comunidade, profesores, ex alumnos, persoal de administración e servizos… Foi, como en outras ocasións, unha celebración pensada por e para os nenos. Os máis pequenos asistiron a primeira parte e preparáronnos unha fermosa ambientación e deleitaronnos coa sua espontaniedade e ..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio,Pastoral