DÍA DA PAZ
Este martes, 30 de xaneiro, conmemoramos, como todos os anos, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, co que rendemos homenaxe ao líder nacional e espiritual da India, Mohatma Gandhi, que foi asasinado no mesmo día de 1948, deixando un gran baleiro na esperanza de moita xente, pero tamén unha mensaxe de paz que chega ata os nosos días.
Desde o colexio quixemos facer algo especial que recordase esta data e, para iso, os nosos alumnos e alumnas levaron a cabo diferentes traballos:
-un fermoso cartel cheo de mans agarimosas dispostas a axudar o diferente e que rodean unha das máis coñecidas frases de Gandhi: «Non hai camiño para a paz; a paz é o camiño».
-un libro xigante no que se conta a historia de varios cabaleiros que tiveron que deixar de lado as súas diferenzas para seren felices.
-distintas mensaxes de paz coas que decoramos as escaleiras…
Para festexar a xornada, reunímomos todo o cole no ximnasio, onde varios representantes de cada curso leron a súa parte do conto, mostramos encantados as nosas mensaxes de paz e cantamos todos xuntos a canción We are the world, que xa practicaramos antes nas clases grazas á axuda das profes de Inglés e da nosa auxiliar de conversa australiana, Christina. Very well!