LETRAS GALEGAS
O xoves pola mañá, todos os alumnos e profes do centro desfrutamos dunha pequena celebración con motivo do Día das Letras Galegas, na que contamos con dúas interesantes entrevistas: unha ficticia, a Carlos Casares (interpretado por un alumno da ESO) e outra real, ao músico e compositor Andrés Álvarez Hernández, que nos contou moitas curiosidades sobre a súa vida profesional, os premios internacionais que acadou, as colaboracións con destacados representantes do mundo da cultura, e..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
SANTA JOAQUINA
Como cada ano por estas datas, a Comunidade Educativa celebramos as festas de Santa Xoaquina e lembramos á nosa fundadora cunha Eucaristía na que participamos todos: os alumnos do colexio, familias, irmás da comunidade, profesores, ex alumnos, persoal de administración e servizos… Foi, como en outras ocasións, unha celebración pensada por e para os nenos. Os máis pequenos asistiron a primeira parte e preparáronnos unha fermosa ambientación e deleitaronnos coa sua espontaniedade e ..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio,Pastoral
FESTAS DO COLEXIO
Ao longo da semana do 15 ao 19 de maio, toda a comunidade educativa de noso centro puido disfrutar das diferentes actividades que se levaron a cabo con motivo da celebración das festas de Santa Joaquina. O luns pola tarde, os alumnos de Primaria disputaron varios partidos de diferentes deportes contra os alumnos do colexio PP Somascos, e todos xuntos desfrutaron dunha tarde chea de emoción. Moitas grazas a todos os profesores e rapaces que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada!..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
VISITA DAS CAMPIOAS
O mércores día 7 de xuño tivemos a inmensa sorte de disfrutar da visita de catro das xogadoras do Mecalia Atlético Guardés, recentes gañadoras do título de liga de balonmán feminino. Con moitísima simpatía e paciencia, Estela Doiro, Anthía Espiñeira, Ana Cerqueira e Raquel Lorenzo responderon a todas as preguntas que lles quixemos facer, mostráronnos como lanzar un balón, fixéronse fotos connosco e firmaron pósters, camisetas, bufandas e… ata brazos! As catro estiveron ..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
EXCURSIÓN PRIMARIA
Onte, xoves día quince de xuño, un soleado día de primavera os alumnos e alumnas de primaria realizaron a excursión de fin de curso. Eran as nove da mañá cando se reunían na Alameda para distribuírse en autobuses rumbo a Meis, concretamente a Armenteira, onde fixeron sendeirismo pola coñecida “Ruta da auga”. Foron aproximadamente sete quilómetros os que percorreron, por fermosos carreiros, esquivando raíces, pedras, árbores, todo unha aventura…uns campións estes cativos! A seg..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria,O Colexio
GRADUACIÓN 4º ESO
O pasado venres, 16 de xuño, os nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO puideron desfrutar, xunto coas súas familias e amigos, da súa “despedida oficial” do colexio. O acto consistiu nunha Eucaristía, na lectura de diferentes discursos cos que tivemos a oportunidade de recordar moitos bos momentos, rir e ata emocionarnos, e a entrega de orlas e intercambio de agasallos. Despois fomos todos xuntos ata o patio cuberto, onde ceamos uns riquísimos pinchos e os deliciosos postres q..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
BENVID@S AO COLE
Despois de disfrutar dunhas merecidas vacacións rodeados de familiares e amigos, chegou o momento de volver ao colexio e de estrear un novo curso escolar. Chegamos con moitas ganas de aprender, de compartir experiencias, vivir aventuras, en definitiva, de pasalo ben. Este ano estreamos comedor, moitísimas actividades extraescolares novas, nas que seguro imos divertirnos e aprender. Damos a benvida a Bea, a nova profe de Infantil, a David de Primaria, que nos acompañará ata a volta do profe..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
WELCOME CRISTINA!
She is a pretty girl and now is our native English teacher. Her name is Cristina and she was born in Australia. Today, was her first day in our school. Sixth graders wrote «WELCOME» on the board. She was also recieved by her classmates and they practiced English. We hope to improve our English with your help and we wish you a good course with us. Thank you!!! Ella es una bonita chica y ahora nuestra profe nativa inglesa. Su nombre es Cristina y ha nacido en Australia. Hoy, ha sido su pr..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio,Sección Bilingüe