FESTAS DO COLEXIO

Ao longo da semana do 15 ao 19 de maio, toda a comunidade educativa de noso centro puido disfrutar das diferentes actividades que se levaron a cabo con motivo da celebración das festas de Santa Joaquina.

O luns pola tarde,  os alumnos de Primaria disputaron varios partidos de diferentes deportes contra os alumnos do colexio PP Somascos, e todos xuntos desfrutaron dunha tarde chea de emoción.  Moitas  grazas a todos os profesores e rapaces que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada!

O martes pola mañá, os alumnos de Infantil, 1º e 2º de Primaria tiveron unha sesión de  contacontos, os de 3º a 6º  asistiron a unha demostración de Aikido na que eles mesmos puideron participar  e os da ESO contaron coa presenza dunha científica do CSIC que lles falou sobre o aproveitamento dos subproductos na industria pesqueira.

Xa pola tarde, todos xuntos puidemos gozar da nosa xa tradicional Andaina Solidaria, este ano cun novo percorrido que nos levou por Buxán, San Roque, o cámping, Salcidos e de volta á alameda. Moitas grazas a todos pola vosa participación!

O xoves pola tarde, pequenos e maiores pasámolo de marabilla practicando diversos xogos e deportes, e puidemos comprobar os estupendos cociñeiros e cociñeiras que temos na casa probando as tortillas, empanadas e biscoitos do concurso organizado pola ANPA. Ñammm! Ademais, entregamos o premio á gañadora do concurso de selfies. Noraboa!

O venres, o noso día grande, asistimos todos xuntos á Eucaristía na honra da nosa patroa, Santa Joaquina de Vedruna, e despois tomamos cos nosos compañeiros un delicioso almorzo para coller forzas e desfrutar  dos xogos preparados polos alumnos de 4º de ESO. Que ben o pasamos!

Xa pola tarde, o momento máis esperado de toda a semana: o festival! Nel mostramos ás nosas familias os grandes artistas que somos e sorteamos os agasallos cedidos por varias empresas e comercios da zona. Moitísimas grazas a todos!

Blog Attachment

Déixanos un comentario