EXCURSIÓN PRIMARIA
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria, O Colexio
Onte, xoves día quince de xuño, un soleado día de primavera os alumnos e alumnas de primaria realizaron a excursión de fin de curso.
Eran as nove da mañá cando se reunían na Alameda para distribuírse en autobuses rumbo a Meis, concretamente a Armenteira, onde fixeron sendeirismo pola coñecida “Ruta da auga”.
Foron aproximadamente sete quilómetros os que percorreron, por fermosos carreiros, esquivando raíces, pedras, árbores, todo unha aventura…uns campións estes cativos!
A seguinte parada foi na praza do Concello de Poio, a beiriña do Monasterio onde contaron con unha gran sombra así como tranquilidade para a merecida comida.
De seguido, dispuxeron todo para a esperada visita a unha das praias de Combarro, unha vez alí, desfrutaron de un agradable baño.
Non se esqueceron de convidar a Ronan, o auxiliar de conversar que estivo no colexio durante este curso, que encantado aceptou a invitación. Foi un pracer compañeiro, que che vaia bonito!