BENVID@S AO COLE

Despois de disfrutar dunhas merecidas vacacións rodeados de familiares e amigos, chegou o momento de volver ao colexio e de estrear un novo curso escolar. Chegamos con moitas ganas de aprender, de compartir experiencias, vivir aventuras, en definitiva, de pasalo ben.

Este ano estreamos comedor, moitísimas actividades extraescolares novas, nas que seguro imos divertirnos e aprender.

Damos a benvida a Bea, a nova profe de Infantil,  a David de Primaria, que nos acompañará ata a volta do profe Víctor (ao que lle mandamos recordos), e a todos os novos alumnos que hoxe comezan: Diego e Ainoha en Infantil e Helena e Cristina en Primaria, sen esquecer a eses pequerrechos de 3 anos, que con tanta ledicia chegan por primeira vez ao noso cole.

Traemos a mochila cargada de ilusións e proxectos para este novo curso que hoxe comeza.

¡BENVID@S AO CURSO 2017-18!

Blog Attachment

Déixanos un comentario