DE NOVO XUNTOS
Como cada ano, quixemos celebrar a ledicia de volver a atoparnos despois das vacacións e fixémolo como máis nos gusta: facendo unha festa todos xuntos. Os nosos profesores presentáronnos o obxectivo que imos traballar este curso dunha forma lúdica e divertida. Cada un dos cursos de primaria fixemos un traballo nas clases que despois lle presentamos aos nosos compañeiros. Todos xuntos descubrimos que comunicarse é unha arte da que aínda nos quedan moitas cousas por descubrir. ¡¡Bo inici..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria,Pastoral
A TITORÍA EN 2º ESO.
Comezamos este curso motivados e con moitas ganas de facer as cousas ben.Para iso, decidimos empezar por plasmar unhas normas coas que sentirnos cómodos na aula.Entre todos tivemos moitas ideas. Cando decidimos poñelas en común, xuntamos as que eran iguais ou semellantes e démoslle voltas ata chegar a un consenso.Ó final decidímonos por dez que serán de obrigado cumprimento.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
DESCUBRINDO…
NA SALA DE INFORMÁTICA! Os nenos e nenas de primeiro de primaria visitaron o pasado martes a aula de informática do segundo andar do cole para practicar coa computadora e o rato a súa coordinación óculo-manual, ao tempo que nos servíu para familiarizarnos con outro tipo de ferramentas de traballo dentro da escola e para aumentar a motivación ante a propia aprendizaxe. Pasámolo moi ben e divertímonos moito a pesares que o tempo pasou moi rapidiño… Volveremos a visitala moi pronto!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
DAMOS COR AO MUNDO
TODOS SOMOS IMPORTANTES Nestes días os nenos de Educación Infantil festexamos a inauguración do curso. Coñecemos os novos compañeiros que comezaron por primeira vez no noso colexio. Escoitando unha historia sobre as cores, achamos que todos somos importantes, que falar sobre os problemas axúdanos a atopar solucións e que, entre todos, dámoslle cor o mundo que nos rodea. De estar interesados, podedes visitar o noso Blog de Educación Infantil. (http://infantilsanjoseaguarda.blogspot.com.e..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil,Pastoral
SAL DA TÚA TERRA
CAMPAÑA DOMUND Como cada ano, o penúltimo domingo do mes de outubro conmemoramos o día do DOMUND, este ano co lema «Sal da túa terra». Os nenos do noso colexio participamos nesta campaña de solidariedade, e cos donativos que recaudamos contribuimos a que os misioneiros e misioneiras poidan realizar mellor o seu labor de axuda aos máis desfavorecidos. Recomendámosvos que vexades o seguinte video para comprender mellor o traballo de estas persoas: https://www.youtube.com/watch?v=Xureg..
- Publicado por admin
- POSTO EN Pastoral
Halloween recipes!!
Antes de irnos uns días, queremos deixarvos unha pequena mostra do inxenio dos alumnos do cole que se coordinaron desde a área de lingua inglesa para elaborar diferentes receitas de cociña (recipes) que nos gustaría compartir con todos vós. Aquí tendes arañas con galletas de elaboración caseira, oreo de chocolate fantasmagórico, doces e caramelos ( tasteful sweets) por parte dos máis pequenos. E…cómo non podían faltar!! As cabazas do concurso nas que participaron unha mor..
- Publicado por admin
- POSTO EN Sección Bilingüe
NON É SÓ DECORACIÓN.
Hai uns días o patio cuberto estreou decoración. Pero, que son eses circuliños que están no teito? Pois son paneis acústicos absorbentes que reducen a reverberación nun 40%. Desta forma xa podemos correr, xogar e berrar sen molestarnos uns aos outros. Grazas á marca Isinac por darnos esta solución!
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
SAMAIN E HALLOWEEN
Ao longo da semana do 24 ao 28 de outubro todos os alumn@s e profesor@s do centro celebramos o Samaín e Halloween. Os primeiros días fóronse decorando as portas e paredes do centro con motivos feitos polos rapaces e profesores: morcegos, pantasmas, cabazas, bruxas,… unha decoración terrorífica! Ademais celebrouse un gran concurso de cabazas decoradas con motivos máxicos, fantásticos e aterradores, proposta que tivo unha gran acollida. Por outra banda, o venres, os cursos de infantil..
- Publicado por admin
- POSTO EN O Colexio
Pedagoxía do éxito
En 4º de Educación Infantil, así como en todo o ciclo, empregamos unha metodoloxía baseada na Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner, xa que posibilita chegar a todos os alumnos de diversas formas. Realizamos actividades multidisciplinares e multinivel para conseguir un mesmo obxectivo dende as diferentes áreas, e partimos da Educación Emocional e dos valores como eixe integrador de todas as aprendizaxes.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
SOMOS SOLIDARIOS
A pasada semana os rapaces de 1º de ESO colaboraron coa Asociación local San Vicente de Paúl descargando alimentos procedentes de Vigo e que posteriormente serán repartidos entre os máis necesitados. Actividades como esta, son un exemplo das accións de voluntariado que o Departamento de Pastoral promove no centro dende o curso pasado. Damos as GRAZAS a Asociación San Vicente de Paúl por contar con nós para poder axudar.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Pastoral