DE NOVO XUNTOS
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria, Pastoral
Como cada ano, quixemos celebrar a ledicia de volver a atoparnos despois das vacacións e fixémolo como máis nos gusta: facendo unha festa todos xuntos.
Os nosos profesores presentáronnos o obxectivo que imos traballar este curso dunha forma lúdica e divertida. Cada un dos cursos de primaria fixemos un traballo nas clases que despois lle presentamos aos nosos compañeiros.
Todos xuntos descubrimos que comunicarse é unha arte da que aínda nos quedan moitas cousas por descubrir.
¡¡Bo inicio de curso para todos!!