Pedagoxía do éxito
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
En 4º de Educación Infantil, así como en todo o ciclo, empregamos unha metodoloxía baseada na Teoría das Intelixencias Múltiples de Howard Gardner, xa que posibilita chegar a todos os alumnos de diversas formas.
Realizamos actividades multidisciplinares e multinivel para conseguir un mesmo obxectivo dende as diferentes áreas, e partimos da Educación Emocional e dos valores como eixe integrador de todas as aprendizaxes.