O NOSO OBXECTIVO

Este ano, non puidemos  celebrar xuntos a ledicia de volver a atoparnos despois das vacacións e facer un acto conxunto de inauguración do curso. Unha mágoa, pero xa virán outros tempos. Aínda así,  o profesorado presentou o obxectivo que imos traballar este curso; cada quen na súa aula.

Estes últimos meses vivimos unha situación descoñecida para todos, maiores e pequenos; dela aprendimos moitas cousas, chegou a hora de cambiar, valorar o que temos, o día a día, os agarimos, aos nosos  avós e avoas, tantas cousas…, chegou a hora de COMPROMETERSE COA VIDA,  RENOVARSE.

Este é o noso obxectivo!!!

O traballaremos a través da resiliencia, a ilusión, a forza de vontade e o compromiso.

Bo inicio de curso para todos/as!!!

Blog adjuntos

Déixanos un comentario