SANTA JOAQUINA

Como cada ano por estas datas, a Comunidade Educativa celebramos  as festas de Santa Xoaquina e lembramos  á nosa fundadora cunha Eucaristía na que participamos todos: os alumnos do colexio, familias, irmás da comunidade, profesores, ex alumnos, persoal de administración e servizos…

Foi, como en outras ocasións, unha celebración pensada por e para os nenos. Os máis pequenos asistiron a primeira parte e preparáronnos unha fermosa ambientación e deleitaronnos coa sua espontaniedade e alegría.

Despois xa continuamos os maiores ata o final .O grupo de guitarras do colexio, acompañado pola súa profesora foi o encargado de pór a nota musical a celebración. Tamén tiveron nesta  eucaristía un protagonismo especial os alumnos de 4º de ESO que realizaron unha emotiva acción de grazas , que a máis de un  fixo que nos asomasen as bágoas.

Blog Attachment

Déixanos un comentario