ENTREVISTA A UXÍA
O pasado mes de setembro, os nenos e nenas de 5º de Infantil, coñeceron a Uxía e, coma calquera personaxe que non se coñece, tiveron que facerlle unha entrevista para saber un pouco sobre ela. Fixéronlle preguntas de todo tipo: ¿Cantos anos tes?, ¿onde vives?, ¿tes irmáns?, ¿cal é a túa cor favorita?, ¿cal é o teu animal favorito?, ¿tes mascotas? ¿pórtaste ben na casa? Despois de que Uxía respondese a tódalas súas preguntas, despediuse deles dicíndolles que a próxima vez tr..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
VISITA TERRAS GAUDA
O pasado xoves 22 de setembro, os alumnos e alumnas de Terceiro e Cuarto de ESO, xunto cos nosos titores, visitamos as Bodegas Terras Gauda, no Rosal, inmersas eses días de cheo na vendima. No exterior puidemos ver as plantacións de uva e faláronnos das principais variedades que se empregan na elaboración dos seus viños: albariño, loureiro e caíño branco. Xa no interior, vimos as salas onde se procesa a uva, as barricas, o laboratorio e explicáronnos o funcionamento da planta embotell..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
Welcome Ronan!
Moi boas a todos! Hoxe estamos con todos vós para presentarvos ó noso novo compañeiro que ficará este curso no noso centro. Chámase Ronan, é irlandés, e está a finalizar o doctorado na Universidade de Vigo. Neste curso 2016 /17 vai traballar con tódolos alumnos do centro coma auxiliar de conversa e mestre de inglés nas actividades extraescolares da tarde. Ronan defínese coma un entusiasta da súa lingua e os costumes do Reino Unido, encántalle traballar cos alumnos na súa lingua nai..
- Publicado por admin
- POSTO EN Extraescolares,Sección Bilingüe
PROXECTO «LEONCIO»
Na aula de 2º de Educación Primaria acompáñanos Leoncio, a nosa mascota. Leoncio é un león de peluche a tamaño real, que nos transmite moita tranquilidade nos cambios de hora. A partir de tan boa experiencia, comezamos a facer un PROXECTO SOBRE OS LEÓNS, para o cal investigamos na casa e na escola, compartimos información e traballamos en equipo. Queredes saber unha das curiosidades que atopamos? Prestade atención: por norma xeral, “canto máis escura e densa sexa a súa melena, ..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria,Innovación
THE BLIND SIDE
A semana pasada os alumnos de Secundaria do colexio, celebramos a inauguración do curso coa proxección no salón da película “Un sueño posible” . Posteriormente, e xa cada un na súa clase e co seu titor, levamos a cabo un coloquio no que traballamos os valores que reflexaba o filme e que están moi relacionados co obxectivo deste curso: RESPONSABILIDADE, RESPECTO, AFÁN DE SUPERACIÓN E CONCIENCIA SOCIAL. Esta reflexión dános forza para comezar con ganas este novo ano e..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria,Pastoral
NO OUTONO
Estamos no Outono os paxaros marchan xa, o día é máis curto e o frío vai chegar. Estamos no Outono as follas van ao chan, temos unha alfombra de cores para xogar e pisar. Despois de todo aprendemos xogando e os nenos da Ludoteca, emocionados, saíron ao xardín. Foron varias as actividades realizadas: Saltaron enriba das follas caídas para ver como facían ruido. Lanzáronas ao aire e observaron como caían. Distinguimos tamaños, formas e cores. Mirar con atención as diferentes árbores. ..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil
DE NOVO XUNTOS
Como cada ano, quixemos celebrar a ledicia de volver a atoparnos despois das vacacións e fixémolo como máis nos gusta: facendo unha festa todos xuntos. Os nosos profesores presentáronnos o obxectivo que imos traballar este curso dunha forma lúdica e divertida. Cada un dos cursos de primaria fixemos un traballo nas clases que despois lle presentamos aos nosos compañeiros. Todos xuntos descubrimos que comunicarse é unha arte da que aínda nos quedan moitas cousas por descubrir. ¡¡Bo inici..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria,Pastoral
A TITORÍA EN 2º ESO.
Comezamos este curso motivados e con moitas ganas de facer as cousas ben.Para iso, decidimos empezar por plasmar unhas normas coas que sentirnos cómodos na aula.Entre todos tivemos moitas ideas. Cando decidimos poñelas en común, xuntamos as que eran iguais ou semellantes e démoslle voltas ata chegar a un consenso.Ó final decidímonos por dez que serán de obrigado cumprimento.
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Secundaria
DESCUBRINDO…
NA SALA DE INFORMÁTICA! Os nenos e nenas de primeiro de primaria visitaron o pasado martes a aula de informática do segundo andar do cole para practicar coa computadora e o rato a súa coordinación óculo-manual, ao tempo que nos servíu para familiarizarnos con outro tipo de ferramentas de traballo dentro da escola e para aumentar a motivación ante a propia aprendizaxe. Pasámolo moi ben e divertímonos moito a pesares que o tempo pasou moi rapidiño… Volveremos a visitala moi pronto!
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria
DAMOS COR AO MUNDO
TODOS SOMOS IMPORTANTES Nestes días os nenos de Educación Infantil festexamos a inauguración do curso. Coñecemos os novos compañeiros que comezaron por primeira vez no noso colexio. Escoitando unha historia sobre as cores, achamos que todos somos importantes, que falar sobre os problemas axúdanos a atopar solucións e que, entre todos, dámoslle cor o mundo que nos rodea. De estar interesados, podedes visitar o noso Blog de Educación Infantil. (http://infantilsanjoseaguarda.blogspot.com.e..
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Infantil,Pastoral