PROXECTO «LEONCIO»

Na aula de 2º de Educación Primaria acompáñanos Leoncio, a nosa mascota. Leoncio é un león de peluche a tamaño real, que nos transmite moita tranquilidade nos cambios de hora.

A partir de tan boa experiencia, comezamos a facer un  PROXECTO SOBRE OS LEÓNS, para o cal investigamos na casa e na escola, compartimos información e traballamos en equipo.

Queredes saber unha das curiosidades que atopamos? Prestade atención:  por norma xeral, “canto máis escura e densa sexa a súa melena, máis san está o animal”.

Deste xeito, este ano estamos aprendendo moitos conceptos novos e relacionándoos cos coñecementos previos de forma lúdica.

Déixanos un comentario