NO OUTONO

Estamos no Outono

os paxaros marchan xa,

o día é máis curto

e o frío vai chegar.

Estamos no Outono

as follas van ao chan,

temos unha alfombra de cores

para xogar e pisar.

texto-2

Despois de todo aprendemos xogando e os nenos da Ludoteca, emocionados, saíron ao xardín.

Foron varias as actividades realizadas:

  • Saltaron enriba das follas caídas para ver como facían ruido.
  • Lanzáronas ao aire e observaron como caían.
  • Distinguimos tamaños, formas e cores.
  • Mirar con atención as diferentes árbores.
  • Remataron collendo follas secas para logo facer manualidades na clase.

 

texto-1

“O outono da moito xogo”

Blog Attachment

Déixanos un comentario