LETRAS GALEGAS 2024

Para conmemorar as Letras Galegas dende biblioteca, propuxéronse as seguintes actividades:

En primeiro lugar, presentouse a homenaxeada Luísa Villalta Gómez, mediante un vídeo preparado para cada unha das etapas.

Realizáronse diversas actividades interactivas da páxina Seminario Galán. 

Dende música, traballaron coa canción “Cruel filosofía” que leva a letra desta escritora e está interpretada polo grupo galego “A banda da loba” xunto con Tomé Mouriño.

En infantil, coincidindo co día das familias, familiares dos nenos e nenas leron o conto “Unha incrible familia” e algún poema da homenaxeada, preparados polo alumando de primaria e secundaria. 

 

 

Primaria realizou un maio, en forma de abella, realmente trátase da Abella Maia, elaborada mediante pampullos e xestas que trouxeron das súas casas. Para seguir así coa nosa temática de personaxes de ficción e aproveitando que o 20 de maio é o día das abellas.

Tamén se organizou un concurso de carteis no que aparecía unha frase dalgún personaxe de ficción en galego e que se expuxeron no patio cuberto.

 


A entrega de premios realizouse na biblioteca. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

Blog Attachment

Déixanos un comentario