SEMANA DO LIBRO

cartel

 

A semana pasada conmemoramos a “Semana do libro” con diversas actividades propostas dende biblioteca.

Comezamos a semana realizando xogos relacionados con libros coñecidos e personaxes de ficción que atopamos neles.

 

O martes, a ANPA fixo entrega de uns cantos libros para a biblioteca e entregou os premios do concurso de marcapáxinas. 

 

 

 

O mércores asistimos a unha charla onde os protagonistas foron Os Bolechas que nos fixeron reflexionar sobre as plantas e animais invasores na Península Ibérica. 

No patio do xoves inauguramos “o mercadillo de libros”, que se puido levar a cabo grazas á doazón previa do alumnado. 

Xa o venres os nenos, nenas e mestras de primaria viñeron caracterizados da portada de un libro. 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario