FESTIVAL DE NADAL

Un ano máis, celebramos as festas do Nadal no colexio, contando coa participación de toda a Comunidade Educativa.

Os días principais foron o mércores, no que realizamos o xa noso tradicional festival; e o xoves, no que antes de despedir ao noso alumnado, celebramos a eucaristía de Nadal, organizada polo equipo de pastoral do centro, e na que participou todo o alumnado, os profesores e as familias.

No festival, os alumnos/as coa axuda e colaboración dos profesores cantaron  fermosas panxoliñas; interpretaron diferentes representacións teatrais, con inxeniosos e creativos guións, que moitas veces foron escritos por os propios nenos. Por motivos de aforo, desenvolveuse en dúas sesións.

 Pola  mañá foi  para tódolos nenos e nenas, para que así puidesen ver o traballo dos seus compañeiros. Xa pola tarde, foi para as familias, que  disfrutaron do traballo dos seus fillos e fillas.

En xeral resultou unha actividade moi gratificante e colaborativa, na que  cada membro da Comunidade Educativa aportou o seu gran de area, para que resultase un festival cheo de ledicia e de  cor.

Ao rematar, a ANPA invitounos a todos a un exquisito chocolate aderezado con biscoitos que elaboraron as familias. Foi unha xornada moi entrañable para todos.

A Comunidade Educativa deséxavos  Bo Nada e Feliz Aninovo.

Blog Attachment

Déixanos un comentario