MAGOSTO NO COLE

 

As nenas e nenos do colexio xunto cos profesores celebramos hoxe venres o “Magosto”. Para tal fin contamos coa axuda inestimable dalgúns avós, nais e pais, que se dedicaron a asar as castañas para que os seus fillos e netos puidesen degustalas.

 

 

A festa resultou divertida e entretida, pois xogaron, bailaron o son da música, pintáronse as caras como os guerreiros da antigüidade, e sobre todo saborearon as riquísimas castañas, asadas con moito agarimo por parte dos seus familiares; aos cales queremos agradecer a súa colaboración: Miguel Ángel pai de Julia e Marco; Paulino avó de Sabela e Izan; Daniel avó de Leire e Tiago  e  Carmen e Gabriel, pais de Dana e Leo.

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario