DOMUND 2023

Como cada ano, o penúltimo domingo do mes de Outubro conmemoramos o día do DOMUND. As Obras Misionais Pontificias en España propuxeron como lema para o Domund 2023, “Corazóns ardentes, pés en camiño”.

 

 

A Xornada do Domund, ofrécenos unha espléndida oportunidade para coñecer mellor aos misioneiros/as que xa están cambiando o mundo e descubrir cómo nos, cada un desde o noso  lugar e circunstancias, podemos colaborar con eles.  Os/as  misioneiros/as son exemplo de persoas serviciais. A través de  accións concretas  sirven a moitas e moitas persoas. 

 

 

O alumnado  do noso colexio participou nesta campaña de solidariedade, e cos donativos que recadamos contribuímos a  que os misioneiros e misioneiras poidan realizar mellor a súa misión de axuda e servizo aos máis desfavorecidos.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración.

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario