MAGOSTO 2022
Chega o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e de repente o caldeiro das palabras comeza a encherse de novas verbas, tales coma, castañas, fento, lume, fogueiras, San Martiño…
Agardábanos unha nova conmemoración, a celebración do Magosto. Polo que, a principios desta semana comenzamos a organizalo. A mañá deste pasado venres era a mellor opción, previase un día solleiro e de temperaturas agradables…
Así que Infantil e primaria subimos ata O Montiño e a ESO chegou un pouco mais alá, concretamente ata O Campo de Chans, onde familiares dos nos@s alumn@s nos esperaban coas brasas preparadas.
Unha vez alí, os alumn@s disfrutaron dunhas horas de diversión nun entorno único.
Agradecer a todas as persoas que colaboraron de algún xeito ou outro…sempre unid@s!