A NOSA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro celébrase en España o día da Biblioteca, motivo polo cal escolleuse esta data para inauguración da nosa, «O caldeiro da palabras».

Comezamos cos preparativos hai unhas semanas e involucramos a todo o colexio para que nos axudasen a facer un vídeo conmemorativo.

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

 

Como é todo un acontecemento celebrámolo convertendo a nosa máxica biblioteca nunha sala de cine onde houbo varios pases con películas axeitadas para cada grupo de idade. Ademais déuselle a cada alumn@ algo rico e algo co que poidan recordar este día tan especial.

Agora o noso «Caldeiro das Palabras» será lugar de encontro para todas as persoas que forman parte da nosa gran familia. 

 

Blog Attachment

Déixanos un comentario