«FÓRA PLÁSTICOS»

Alá polo mes de marzo recibimos un correo do Centro San Xerome onde nos presentaban un novo proxecto chamado «Fóra plásticos», que consistiría la elaboración de un animal mariño para encher de plásticos, implicándonos deste xeito un pouco máis no proceso de reciclaxe. 

Dende o dende Educación Artística decidimos crear unha estrela de mar, a cal colocamos ó lado dos contedores que temos no patio cuberto e fómola enchendo nos patios. 

Coas figuras estase a realizar unha exposición itinerante entre os colexios participantes. A semana pasada recibímola no noso centro, e este luns a nosa estrela de mar decora os patios doutro cole a espera que a rematen de encher. 

Este proxecto culminará ademais cunha charla sobre medioambiente o día 2 de xuño. 

Blog Attachment

Déixanos un comentario