AXUDA A UCRAÍNA

O venres 25 de marzo, un grupo de alumnos e alumnas do noso colexio desprazouse ata a sede da Cruz Vermella da nosa localidade para facer entrega da recadación conseguida entre todos para axudar a Ucraína. Durante case dúas semanas, os rapaces trouxeron ilusionados a súa aportación económica nos sobres que eles mesmos decoraron, nun xesto de concienciación ante a terrible situación pola que están pasando moitos nenos e familias como as súas.

E queremos dicirvos que a nosa comunidade educativa conseguiu reunir a magnífica cantidade de 1390 euros,  suma que esperemos que poida servir de axuda ás necesidades de todo o pobo, á vez que pedir polo fin da guerra e do sufrimento de tantas persoas inocentes. Moitísimas grazas a tod@s polo voso compromiso e xenerosidade!!!

Blog Attachment

Déixanos un comentario