ROSALÍA CANTAREIRA

Un ano máis recordamos a Rosalía de Castro no día do seu nacemento, o 24 de febreiro.

O Concello de A Guarda propúxonos participar no obradoiro “Rosalía Cantareira” e os alumnos e alumnas de 6º de Primaria recibimos no colexio a Irene Silva e Fátima Granja, coas que sentimos os poemas de Rosalía, cantamos a ritmo de muiñeira, rap e ranchera algúns dos seus versos.

 

Ademais, cada curso celebrou a data con distintas actividades como xogos, vídeos, traballos de investigación e ata murais como o que elaboraron todos aos alumnos e alumnas da ESO: cada un decorou unha letra e con todas elas escribimos unha coñecida frase de Rosalía.

Blog Attachment

Déixanos un comentario