NIN UNHA MÁIS!

No que vai de ano xa son máis de 34 mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas. A sociedade debe actuar XA contra esta lacra que non deixa de medrar.

No colexio conmemoramos este xoves, 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, realizando diferentes actividades nas aulas, e reflexionando sobre o que debemos facer si queremos deter entre todos este terrorismo doméstico.

Á entrada do colexio deixamos as nosas mensaxes de repulsa e tamén de esperanza para que nun futuro non haxa que conmemorar esta data.

A educación é o camiño. Educar en igualdade na familia, na escola, na sociedade…

Só así poderemos erradicar o machismo e ser iguais homes e mulleres.

Aínda queda moito por facer, por iso animámosvos a continuar loitando para que cada vez sexamos máis os que denunciemos as desigualdades e reixetemos a violencia machista.

Blog Attachment

Déixanos un comentario