LETRAS GALEGAS!

LETRAS GALEGAS!

O 17 de maio é unha data especial para todos os galegos e galegas. Conmemórase o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xela Arias.

Durante a semana pasada realizamos diversas actividades nas nosas clases para coñecer a esta escritora, tradutora e mestra. Coñecemos a súa biografía, lemos os seus contos e poemas, realizamos xogos interactivos e ata fixemos un pequeno “rosco de Pasapalabra”. Agora xa coñecemos moito mellor a Xela.

O venres día 14 os nenos e nenas de primaria e a clase de 4º da ESO acompañados dos nosos profes fomos ata o lavadoiro de Buxán para colgar as prendas de roupa (camisetas, pantalóns, calcetíns…) que decoramos con poemas en galego de diferentes autores, unha vez alí cada curso recitou o seu poema. Educación Infantil e Ludoteca fixeron un pequeno acto no cole. 

Blog Attachment

Déixanos un comentario