DÍA DA PAZ

O sábado 30 de xaneiro conmemorouse como todos os anos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que ten como obxectivo concienciar a toda a comunidade escolar e, por extensión, a toda a sociedade, da necesidade de que as persoas nos relacionemos dun xeito positivo e dialogante, deixando de lado os malos modos e a agresividade para poder vivir mellor.

Desde o colexio quixemos facer, unha vez máis, algo especial que recordase esta data, pero este ano, por mor da pandemia, non puidemos reunirnos e festexalo entre todos, como sempre se fixera.

Así que tivemos que buscar unha alternativa, e de aí xurdiron as marabillosas ventás decoradas de todas as clases!

Coa palabra “paz” en diferentes idiomas e os debuxos e motivos que os nosos e nosas artistas escolleron, cada fiestra converteuse nun panel en favor da convivencia pacífica e o bo entendemento entre todas as culturas.

Blog Attachment

Déixanos un comentario