SANTA INFANCIA 2021

O 17 de Xaneiro, celébrouse o día da Santa Infancia, como ven sendo habitual no noso colexio, nos primeiros cursos: Educación Infantil,  1º e 2º de Educación Primaria.

Durante esta semana, o alumnado máis “alevín”, coñeceu a Xesús como neno. Un neno coma eles que aprende a ser solidario co exemplo da súa familia. Os xestos de axuda e cariño chegan con especial forza aos mais necesitados.

Por iso, coñeceron outras realidades nas que as necesidades apremian, a labor dos misioneir@s… Todo isto fai reflexionar sobre a infancia menos favorecida e que este tempo de pandemia está facendo mais grave.

O noso alumnado tamén puxo a proba as súas dotes artísticas e creativas, decorando un debuxo.

Todos os nenos e nenas teñen unha “maxia” especial que nos transmiten día a día e da que temos moito que aprender.

 

Que vivan @s nen@s!

Blog Attachment

Déixanos un comentario