REALIDADE AUMENTADA
- Publicado por admin
- POSTO EN Ed. Primaria, O Colexio
O alumnado de 5º e 6º de Primaria traballou esta semana coas células eucariotas animais e vexetais. Grazas ao recurso dixital de realidade aumentada, lograron comprender de forma significativa como son as células no seu interior. O que normalmente é un contido bastante tedioso polo seu grao de abstracción, converteuse en algo comprensible, ameno e motivante para os rapaces e rapazas.
O primeiro que fixeron foi pintar cada estrutura dunha cor diferente e relacionalo coa súa función correspondente.
A continuación, experimentaron coa tablet observando as células en realidade aumentada dende tódalas perspectivas posibles. ¡Non podían crer o que vían!
Ademais a aplicación conta cun xogo interactivo de preguntas de opción múltiple que permite aos rapaces aprender a identificar as diferentes partes da célula.