NOVAS INSTRUCCIÓNS
Neste momento complicado para a nosa comunidade educativa e toda sociedade en xeral nos gustaría recordar que #ElColeSigue, con tal motivo:
O pasado venres día 13 ás 13:56 a Consellería de Educación publicou na súa páxina web a seguinte información relativa ao alumnado:
3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar.
3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, establecerá un sistema de comunicación e información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro estime adecuado para esta situación.
3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de actividades para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.
Como consecuencia das mesmas:
- O profesorado ten a obriga de continuar co proceso de aprendizaxe fóra do ámbito escolar.
- Temos establecidos sistemas de comunicación coas familias e alumnos, para dar continuidade ás aprendizaxes, e de ser o caso, poderiamos amplialas.
- O profesorado elaborará propostas de actividades para que os alumnos continúen co proceso educativo nos seus domicilios.
Por todo o exposto con anterioridade, pedímosvos colaboración (igual que o faciamos cando asistían ao centro escolar) na supervisión das tarefas que se propoñen aos vosos fillos, xa que a pesares de non asistir presencialmente ao centro #ElColeSigue, e se precisades contactar con algún membro do claustro, podedes facelo ou no correo do centro (cpr.sanjose.aguarda@edu.xunta.es) indicando a quen vos dirixides ou directamente ao correo persoal que figura na páxina web do colexio (https://carmelitasaguarda.com/profesorado).
Nos gustaría dar as grazas a toda Comunidade Educativa polo voso esforzo e colaboración. Coidaros moito para que pronto poidamos voltar todos xuntos ao colexio.
Unha forte aperta virtual,
O equipo directivo