COMUNICADO FAMILIAS

     Estimadas familias:

     O Colexio plurilingüe San José permanecerá pechado dende o día 16 de marzo de 2020 por un período de 14 días naturais contados dende dita data, cumprindo as instrucións da Consellería de Educación; isto supón a suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada, incluíndo tamén os servizos educativos complementarios (comedor, madrugadores), as excursións e actividades que impliquen a reunión de alumnado.

    Seguindo as directrices da Consellería de Educación, informámosvos de que o profesorado do centro empregará medios telemáticos para traballar cos alumnos (principalmente correo electrónico) co fin de non suspender totalmente o seu progreso. Deste xeito, o profesorado enviará por correo electrónico (no caso dos alumnos de 2º a 4º da ESO ao seu propio correo, e no resto dos cursos ao dos seus pais) as tarefas e actividades relacionadas cos contidos curriculares para que o alumnado poida realizar no seu domicilio, e fará o seguimento das mesmas, pero non terán carácter de avaliables. No caso de non recibir correos do titor ou profesores as familias poderán enviar un correo electrónico aos mesmos (os enderezos de correo están na páxina web do centro) informándolle de non ter recibido tarefas.

    Empregaremos o correo electrónico como vía principal de comunicación coas familias e grupos de alumnos, e a páxina web do centro para as informacións de carácter xeral e das distintas medidas que se poidan tomar dende a Consellería de Educación dada a situación de excepcionalidade que estamos a vivir.

     Facemos unha chamada a seguir as recomendacións que as autoridades sanitarias están publicando e actualizando conforme á evolución da situación, co fin non só de evitar situacións persoais e colectivas de contaxio, senón de contribuír, co noso bo facer, á contención do mesmo.

     Un saúdo,

                           A dirección

Déixanos un comentario