DÍA DA MULLER

Na clase de 4º de primaria estivemos estes días a traballar na celebración de esta data. Comezamos cunha sensibilización sobre o tema co visionado de dous vídeos: “Any Path , Your Way” e “¿Qué significa hacer algo hacer algo #ComoNiña?”, sobre os estereotipos femininos.

Estes vídeos leváronnos a un coloquio onde interpretamos a súa mensaxe e expuxemos a nosa opinión sobre os dereitos e capacidades das mulleres para exercer calquera tipo de traballo e a súa liberdade na elección de forma de vestir, preferencias, gustos…

Elaboramos una entrevista para coñecer mellor a algunha muller que é importante para nós. Presentamos ante o grupo da clase as respostas que nos deron para que todos coñeceran cal é a muller que admiramos dalgunha maneira e extraendo a información de esa entrevista redactamos unha pequena historia ou descrición.

Adornamos a nosa aula con algúns slogans de anos anteriores onde apreciamos que aínda que as cousas melloraron aínda teñen que facelo mais.

Blog Attachment

Déixanos un comentario