DÍA DA STA. INFANCIA
Os máis cativos do cole, dende Educación Infantil ata segundo de primaria, celebramos o 22 de Xaneiro o día da Santa Infancia. Nese día tratamos de transmitirlle aos nenos e nenas que non todos temos as mesmas posibilidades, xa que hai rapaces coma nós que non teñen: xoguetes, libros, poder ir a escola todos os días, un prato de comida, una ducha de auga quentiña,…
E por iso, que durante esta semana escoitaremos contos, veremos algún vídeo, cantaremos unha canción e incluso pintaremos un debuxo precioso para que cada un de nós valoremos moito máis o que as persoas e a nosa contorna nos ofrecen cada día. Poremos especial esforzo en valorar dun xeito máis positivo as vivencias que compartimos tanto na escola como na casa.
Son moitas as persoas que quérennos e preocúpanse por nós!