DOMUND 2019
Como cada ano, o penúltimo domingo do mes de Outubro conmemoramos o día do DOMUND. As Obras Misionais Pontificias en España propuxeron como lema para o Domund 2019, “Bautizados e enviados”.
A Xornada do Domund, ofrécenos unha espléndida oportunidade para coñecer mellor aos misioneiros/as que xa están cambiando o mundo e descubrir cómo nos, cada un desde o noso lugar e circunstancias, podemos colaborar con eles. Os misioneiros son exemplo de persoas comprometidas coa vida. Eles, a través de accións concretas transforman a realidade de pobos e persoas con nome e apelido. Eles poden ser para todos, e en especial para os rapaces, un exemplo de compromiso.
Os nenos do noso colexio participan nesta campaña de solidariedade, e cos donativos que recadamos contribuímos a que os misioneiros e misioneiras poidan realizar mellor a súa misión de axuda aos máis desfavorecidos.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración.
Recomendámosvos que vexades o seguinte vídeo para comprender mellor o traballo de estas persoas: