AS NOSAS FESTAS

Como cada ano, chegaron as esperadas festas de Santa Xoaquina. Nelas houbo espazo para actividades moi diversas. O mércores todo o alumnado dende Educación Infantil ata a ESO quedamos abraiados cos trucos de maxia do mago Cali.

Pola tarde, tivemos a xa tradicional Andaina Solidaria, na que recadamos diñeiro para o proxecto Educar a una niña, construir una familia. Un paseo compartido por todos os que formamos o centro: familias, alumnado e profesorado.

Na tarde do xoves, os inchables, pintacaras, un concurso de cocina e partidos compartidos coas familias e alumnos e alumnas encheron o colexio de alegría. Rematou cunha merenda organizada pola ANPA e a entrega de premios do concurso de cociña.

O broche final foi o venres no que comezamos a xornada cunha eucaristía na honra de Santa Xoaquina onde asistiu toda a comunidade educativa. Ao rematar fixemos un almorzo nas aulas. Xa estabamos listos para ir ao patio a xogar! Os alumnos e alumnas de 4º da ESO foron os encargados de organizar os xogos para todos. É un momento para compartir e no que a diversión está asegurada.

Pola tarde realizamos un festival onde todo o alumnado realizou bailes e pequenas interpretacións para as familias. Dende os nenos e nenas da ludoteca ata o alumnado do último curso como despedida, escoitaron grandes aplausos.

Gracias a todos por facelo posible: familias, alumnado, profesorado, ANPA e colaboradores. Entre todos conseguimos unas grandes festas!

Blog Attachment

Déixanos un comentario