DOMUND 2018
Como cada ano, o penúltimo domingo do mes de Outubro conmemoramos o día do DOMUND. As Obras Misionais Pontificias en España propuxeron como lema para o Domund 2018, “Cambia o mundo”. O lema encaixa co noso lema Vedruna: “Estamos crecendo”. Tamén cos valores propostos para o curso cun análise do que nos rodea (espírito crítico), o desexo ou intención de superarnos (afán de superación), a valoración e admiración do traballo dos misioneiros e misioneiras (respecto) e o esforzo que conleva mellorar como persoas (autonomía). Aspectos que se reflexaron na oración que estes días fixemos.
A Xornada do Domund, ofrécenos unha espléndida oportunidade para coñecer mellor aos misioneiros/as que xa están cambiando o mundo e descubrir cómo nos, cada un desde o noso lugar e circunstancias, podemos traballar por cambiar o mundo. Os misioneiros son exemplo de que o cambio no mundo é posible. Eles provócano con accións concretas que transformaron a realidade de pobos e persoas con nome e apelido. Eles poden ser para todos, e en especial para os rapaces, un exemplo de compromiso e esperanza.
Os nenos do noso colexio participan nesta campaña de solidariedade, e cos donativos que recadamos contribuímos a que os misioneiros e misioneiras poidan realizar mellor a súa misión de axuda aos máis desfavorecidos.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración.
Recomendámosvos que vexades o seguinte vídeo para comprender mellor o traballo de estas persoas: