GRADUACIÓN 4º ESO

O pasado xoves, 21 de xuño, os nosos alumnos e alumnas  de 4º de ESO puideron desfrutar, xunto coas súas familias e amigos, da súa “despedida oficial” do colexio.

O acto consistiu nunha Eucaristía, oficiada nesta ocasión polo padre Vidal, na lectura de diferentes discursos e visualización dos vídeos (un sorpresa realizado polos país) cos que tivemos a oportunidade de recordar moitos   bos momentos, rir e  ata emocionarnos, e a entrega de orlas e intercambio de  agasallos.

Despois fomos todos xuntos  ata o patio cuberto, onde ceamos uns riquísimos pinchos e os deliciosos postres que eles mesmos e as súas familias trouxeron.

¡Noraboa, rapaces, botarémosvos de menos!

Blog Attachment

Déixanos un comentario