SOMOS VEDRUNA
O persoal do centro e as irmás da comunidade xuntámonos na capela do colexio para celebrar o aniversario da fundación Carmelitas da Caridade por parte de Santa Xoaquina.
Nun sinxelo acto recordamos Os acontecimentos que tiveron lugar ao inicio da súa obra e cómo soubo saír dos problemas. A súa pedagoxía do amor, a atención aos máis necesitados, o espírito de sacrificio…son algúns dos seus principios fundamentais.
Ao rematar, e como símbolo de cariño e cercanía, porque todos somos e nos sentimos parte da familia Vedruna, recibimos coma agasallo un pequeno bote de mel. Este mel é o símbolo dunha máxima da nosa fundadora: “Conséguese máis cunha gota de mel que cun barril de vinagre”.